Series.ly transformarase definitivamente en Tviso.com

mércores, 5 de agosto do 2015 Marcus Fernández

Os responsables de Series.ly parecen querer deixar claro que transformaron o seu servizo en liña nunha plataforma totalmente legal, polo que están a destacar a súa reestruturación cun cambio de marca definitivo, de xeito que migrarán as contas de usuario de Series.ly a Tviso, un proxecto que levan tempo desenvolvendo e que finalmente converterase na nova casa dos usuarios de Series.ly, redirixindo automaticamente aos usuarios que visiten a vella web á nova.
Na situación actual de Series.ly (que limítase a ser un xestor de coleccións audiovisuais na que xa non é posible iniciar a reprodución de contidos na web) o cambio a Tviso.com é bastante positivo, xa que a nova ferramenta mellora a organización dos contidos favoritos, impulsa a súa face social (permitindo compartir co mundo o que vemos e permite descubrir o que ven os amigos), está adaptado a dispositivos móbiles, permite recibir notificacións no móbil cando vai ser posible ver unha película ou serie que temos pendente, incorpora unha completa guía de televisión (con accesos a emisións en directo), recomenda contidos das canles ás que teñamos acceso a conta tamén cunhas fichas de contido máis visibles, con máis información e mellor organizadas. En definitiva, é unha versión mellorada da anterior páxina web, que avanza no camiño da súa reconversión para respectar a lexislación española.

PUBLICIDADE