Seminario sobre a identidade dixital en A Coruña

mércores, 19 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Francesc Pumarola conducirá a xornada de aproveitamento das posibilidades da Internet por parte da PEME e os profesionaisO vindeiro venres de 18:30 a 20:30 horas o centro asociado da UNED en A Coruña acollerá no seu salón de actos un seminario sobre a identidade dixital impartido por Francesc Pumarola, xefe da área de Internet de Canalvoz, quen explicará aos asistentes cómo conseguir unha correcta visibilidade na Rede.
Pumarola comentará detalles como a xestión de páxinas web, o funcionamento de Google, as chaves dun blog, as redes sociais ou a xestión da reputación en liña, temas que habitualmente tamén trata no seu blog Gugleando por la red.
Esta actividade está dirixida tanto a alumnos da UNED como a público en xeral, de asistencia libre ata completar aforo.

PUBLICIDADE