Segue aberto o prazo das axudas destinadas a incorporar as TIC nas empresas
venres, 27 de abril do 2007
O Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, aproveitou a presentación da nova web da campaña en prol do galego na rede, maisinternetmaisgalego.com (este mesmo mediodÃa) para lembrar que o prazo para concorrer a dúas ordes de axuda da ConsellerÃa, publicadas recentemente no DOG, fica aÃnda aberto.
Ditas axudas van orientadas a incorporar as tecnoloxÃas da información e da comunicación nas pequenas e medianas empresas (pemes) da nosa terra, incentivar a difusión e formación no movemento asociativo e favorecer o desenvolvemento dos produtos, equipamento e empresas do sector da Sociedade da Información. O orzamento é de 4,2 millóns de euros.
