PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Seareiros de Star Wars están a organizar na Web unha quedada en Compostela

martes 9 de febreiro do 2010, por Fernando Sarasqueta | | Compartir en Tuenti | Compartir |

Se a Rede serve para que xente de todo o mundo comparta experiencias arredor de afeccións común, benvida sexa. O mesmo podemos dicir se fai que vida dos seareiros de Star Wars sexa o máis levadeira posible, ou se actúa de intermediaria para que a capital de Galiza se converta por uns días no emprazamento narrativo da dita saga. Así nolo conta estes días El Correo, onde logo de pescudar o que acontecía nunha páxina web vinculada á dita entrega galáctica, descubriron que o sitio en liña oficiou de punto de encontro para unha quedada en Santiago, o 21 de maio e a xeito de conmemoración do trixésimo aniversario de O imperio contraataca, o segundo filme (cronoloxicamente falando) que se deu a coñecer da saga. A idea é facer de Compostela unha das capitais incluídas na conmemoración oficial, a nivel internacional, deste acontecemento, que terá o seu centro operativo de actividades na cidade de Orlando, en Estados Unidos.
O caso é que semella que Santiago ten apoios de abondo na dita comunidade en liña (que, por certo, inclúe versión en galego, o que é moi de agradecer), ben sexa pola palestra informativa que supón o Ano Xacobeo, ben sexa pola cantidade de seareiros de Star Wars que se arrexuntan na nosa terra. Así, dende a web Imperial Storm Troopers estase a levar a cabo un labor de mobilización para acadar a máxima presenza de afeccionados á saga na capital de Galicia, o que incluiría a presenza de todo tipo de caracterizacións baseadas nos personaxes das películas, principalmente (ou iso se conta dende a páxina) os adheridos ao lado escuro da forza. Entre outras cousas actividades a desenvolver, está programado un desfile das tropas imperiais polo casco vello, amais dunha revisión das tropas na praza da Quintana oficiada polo mesmísimo Darth Vader.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS