Sanxenxo estrea Centro de Dinamización
martes, 20 de xaneiro do 2009
- Imaxe dun dos obradoiros impartidos en Sanxenxo antes da inauguración do novo Centro de Dinamización
O
Consello de Sanxenxo conta dende hoxe cun novo local para os obradoiros da Rede
de Dinamización da Sociedade da Información, inaugurado nun acto que
contou coa presenza de Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial
e da Sociedade da Información; e Montserrat Prado, delegada da ConsellarÃa de
Innovación en Pontevedra.
O
novo centro equiparase con 16 ordenadores con cámara web e lector de
DNI electrónico, 2 impresoras, escáner e proxector de vÃdeo, para o que se
contou cun investimento total de 227.144 euros.
Cómpre indicar que antes da inauguración do centro, a Rede de Dinamización xa
estaba presente en Sanxenxo, onde se realizaron 48 obradoiros ao longo dun
total de 394 horas.