Santiago Segura publicou por erro en Twitter o seu nome de usuario en Apalabrados

mércores, 6 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

A publicación accidental do seu número telefónico en Twitter provocou serios problemas a Paula Vázquez hai uns meses, e agora é o actor e director Santiago Segura o que tropeza na mesma pedra, pois botando unha partida ao popular xogo móbil Apalabrados decidiu compartir a súa última xogada a través de Twitter para dar conta de que estaba a xogar ben en catalán (pese a non falar tal lingua) sen decatarse de que nas capturas de pantalla do xogo figura o seu nome de usuario, o que provocou que en poucos minutos recibise máis de 200 peticións de partida, o que levouno a recoñecer a súa metedura de zoca e a desinstalar a aplicación (aínda que comentarios posteriores dan a entender que só mudou de usuario ou as preferencias da aplicación e continúa a utilizar o coñecido xogo multi plataforma).
Desta volta, Segura tomou o incidente con humor, facendo tamén referencia á coincidencia co caso de Paula Vázquez, e desencadeando numerosas bromas en Twitter.

PUBLICIDADE