Sanidade principia un programa de videointerpretación baseado en tablets

xoves, 3 de xaneiro do 2013 Redacción

Para beneficiar a máis de 800 persoas con discapacidade auditiva na en Galicia o SERGAS e a Consellería de Sanidade inician un programa piloto que busca mellorar a comunicación entre profesionais sanitarios e pacientes a través de tablets que incorporan un programa de videointerpretación en lingua de signos. En concreto trátase do programa Dildtec, que é un sistema integrado de hardware e software de videoconferencia especialmente adaptado ás necesidades das persoas con discapacidade auditiva.
Esta nova solución, que leva varios meses en desenvolvemento a través da Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Seguridade Asistencial, presentouse hoxe na Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, iniciándose en paralelo no centro de saúde Concepción Arenal de Santiago (onde comprobouse a súa cobertura 3G) e na área de Urxencias dos CHUS (á que dotouse de Wi-Fi para poder empregar este servizo en probas).
Cando o paciente achéguese ao centro sanitario para unha consulta poderá dispor dun tablet, recomendándose a súa petición previa por correo electrónico e outros mecanismos de notificación.

PUBLICIDADE