Sanidade adquirirá 12.000 novas tarxetas con chip e antenas

venres, 10 de agosto do 2007

O DOG publica, na súa edición de hoxe venres 10 de agosto, unha Resolución da División de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, pola que se anuncia o concurso para a contratación de 12.000 tarxetas sanitarias con chip e antena (á unir ás 7.000 adquiridas o ano pasado) para centros de Atención Primaria e Atención Especializada do Servizo Galego de Saúde.
O orzamento base de licitación ascende a un total de 161.040 euros. As tarxetas están dirixidas a todo o persoal da Sanidade Pública galega que precisa do acceso á historia clínica única. Polo tanto, ademais de persoal médico e de enfermaría, terán que dispoñer de ela o persoal de secretaría, control de xestión, admisión ou urxencias.

PUBLICIDADE