Sancionan a Razer polas súas máscaras contra a COVID-19

luns, 29 de abril do 2024 Marcus Fernández

Cando en plena crise da COVID-19 dende Razer presentaron unha máscara con ventilación, iluminación e amplificador de voz, que tiveron a ousadía de pór á venda anunciando que contaba cunha protección equivalente a máscaras N95 (o que en Europa sería FFP2).
Deixando a un lado o feito de que estabamos ante unha máscara con válvula (polo que en territorios como Galicia xa estaría prohibido o seu uso, por protexer a quen a leva, pero facer o contrario para o resto de persoas), a máscara Razer Zephyr nunca chegou a someterse a certificación ante a FDA ou o NIOSH nos EE.UU., e tampouco se certificou nunca como N95, polo que a Comisión Federal de Comercio (FTC) considera que fixeron publicidade enganosa, e imponlles unha sanción de 100.000 dólares e obrígalles a reintegrar o ingresado polas vendas das máscaras, o que supón un total de 1.071.254,33 dólares.
As máscaras Razer Zephyr vendíanse por 99,99 dólares con 3 filtros, ou a 149,99 dólares con 33 filtros (tamén permitían a compra de filtros por 29,99 dólares o lote de 10 unidades). Cómpre salientar que as críticas do produto xa deixaban claro dende o primeiro momento que non era unha boa solución, pois tiña carencias importantes e erros de deseño, e non deixaba de parecer un produto saído dunha película ou videoxogo cyberpunk. O que si podemos constatar é que confiar nun fabricante de accesorios para xogadores non parece moi razoable.

As análises do produto xa deixaban claro que tiña serios erros de deseño

PUBLICIDADE