Samsung presenta un televisor doméstico de 98 polgadas

venres, 7 de xullo do 2023 Marcus Fernández

Os televisores non cesas de medrar en tamaño de pantalla, e conscientes de tal tendencia dende Samsung presentan o seu novo televisor QLED Q80C de 98 polgadas, que presume dun deseño SuperSlim para facilitar a súa integración nos fogares dos usuarios e estar máis na liña cos deseños dos fogares modernos. Pese ao seu deseño delgado promete un son de calidade con Dolby Atmos, para poder gozar dunha experiencia sonora propia das salas de cine.
Este novo televisor integra un procesador Neural 4K con IA para mellorar a calidade de imaxe e adaptala a unha pantalla de grande tamaño, mellorando a profundidade e a nitidez do contido grazas a Supersize Picture Engine. Coa tecnoloxía Quantum HDR+ tamén ofrece un rendemento superior de brillo e uns negros puros que permiten ver cada detalle dun xeito máis nítido. O QLED Q80C tamén é compatible con Philips Hue Sync, permitíndolle gozar desta tecnoloxía de iluminación envolvente que resulta tan agradable para a vista.
Como o resto de televisores de Samsung do presente ano tamén integra Samsung Smart Hub, interface de usuario que centraliza á perfección o lecer e que inclúe Samsung Smart Hub, unha aplicación que facilita o acceso a servizo de xogo na nube, de xeito que é posible gozar de xogos de grande calidade sen necesidade de contar cunha consola física.

PUBLICIDADE