Samsung presenta un novo concepto de smartphone encartable

martes, 29 de outubro do 2019 Marcus Fernández

Samsung celebrou hoxe a súa conferencia para desenvolvedores anual, a SDC 2019, onde a compañía surcoreana presentou novos xeitos para que os desenvolvedores integren os seus servizos en diferentes dispositivos a través dun ecosistema amplo, seguro e conectado.
Pero un dos detalles que máis chamou a atención foi que, ao afondar nos detalles de One UI 2, a interface de usuario que non chega só a smartphones, senón que tamén está a adaptarse a tabletas, wearables e novos formatos, incluídos os dispositivos encartables, deixaron ver que están a explorar un teléfono que, en vez de pregarse horizontalmente como o Galaxy Fold, faino verticalmente, ou sexa, que comportaríase como un teléfono de cuncha, o que é un concepto de dispositivo bastante interesante, xa que encaixa nun vello formato contrastado polo público, á vez que integra unha tecnoloxía que maximizará o tamaño de pantalla, atendendo ás demandas dos usuarios, especialmente en contornos profesionais (nos que a multitarefa resulta moi práctica).
Polo momento non adiantan que o concepto de smartphone encartable de tipo cuncha vaia ser un produto real en breve, pero parece bastante probable que reserven tal anuncio para o Mobile World Congress de Barcelona.

Novo concepto de smartphone encartable presentado por Samsung

PUBLICIDADE