Samsung Health axuda a facer un seguimento da medicación

xoves, 21 de decembro do 2023 Marcus Fernández

Samsung vén de anunciar unha nova función da aplicación Samsung Health que facilita o seguimento de medicamentos, axudando así aos usuarios a xestionar a súa saúde de xeito integral. A nova función permite facer un seguimento da medicación (con ou sen receita) dun xeito doado, e proporciona información e consellos importantes sobre estes medicamentos. Búscase así axudar á adherencia aos tratamentos, pero tamén facilitar a toma de suplementos.
A función Medicamentos achega información detallada dos medicamentos, como a súa descrición xeral e os posibles efectos secundarios, así como incida posibles reaccións adversas que poden producirse por interacción entre medicamentos ou ao combinarse con outras substancias (como a cafeína ou o alcohol).
Os usuarios tamén poden rexistrar a forma e a cor dos seus medicamentos, o que facilita a diferenciacións das pílulas, podendo tamén incluírse a dose, a hora de consumo e outros detalles que permite evitar confusións.
Os usuarios tamén poden programar alertas para saber cando tomar a medicación ou cando deben volver adquirila, estando estas alertas ordenadas en función da importancia dos medicamentos (así, os medicamentos cruciais poden activar recordatorios cunha alerta a pantalla completa no smartphone xunto cun ton longo, mentres que suplementos como as vitaminas amosaranse como recordatorios pouco molestos).

PUBLICIDADE