Sae oficialmente o µTorrent 2.0

xoves, 4 de febreiro do 2010

Tras varios meses en probas, lanzouse oficialmente o µTorrent 2.0, renovándose a aplicación cliente máis utilizada para a rede BitTorrent que inclúe numerosas melloras coma o soporte de conexións UDP e o axuste automático do largo de banda. Esta aplicación está dispoñible para Windows, e na actualidade tamén é posible descargar a o µTorrent 2.1 Alpha, que inclúe interesantes melloras.

PUBLICIDADE