Sae á venda en España o Acer Liquid Jade Primo
mércores, 20 de abril do 2016
AÃnda que algunhas tendas en liña levan
tempo ofrecendo a posibilidade de facerse dende España co teléfono-PC de Acer, é agora cando sae oficialmente á venda no
noso territorio o Acer Liquid
Jade Primo, un potente smartphone con Windows 10 que ofrece a
funcionalidade Continuum, ou sexa, que pode conectarse a unha pantalla, un
teclado e un rato para operar de xeito semellante a un ordenador de sobremesa
(aÃnda que coa limitación de só correr con aplicacións universais).
Este smartphone funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 808, 3 GB de RAM e
32 GB de almacenamento interno, está equipado con cámaras de 21 e 8 MpÃxeles, a
súa pantalla IPS de 5,5 polgadas ten resolución FullHD, conta con porto USB-C e
a súa baterÃa é de 2.800 mAh, e o seu prezo de comercialización en España é de
599 euros, aÃnda que tamén está dispoñible nun Business Pack que inclúe o Acer Display Dock (para usar Continuum)
por 649 euros e nun Premium Pack que
incluso inclúe un monitor FullHD de 21,5 polgadas, teclado e rato sen fÃos que
custarÃa 799 euros, buscando asà converterse nunha completa solución para
certos usuarios corporativos aos que claramente vai dirixido este produto que,
pese ao desleixo de Windows 10 para móbiles, pode resultar axeitado para contornos
profesionais.
VÃdeo no que se deixa ver o modo Continuum nun Acer Liquid Jade Primo