AOI

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Sae a beta do µTorrent 2.0

luns 10 de agosto do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir | |

O cliente máis popular da rede BitTorrent, o µTorrent, conta xa cunha beta da súa versión 2.0, que mellora o soporte do protocolo de transferencia uTP (baseado en UDP) e de trackers UDP, así como tamén corrixe fallos detectados e incorpora pequenas melloras, mantendo sempre a súa pouca pegada en recursos de sistema.
Esta versión de proba inclúe un novo proceso de instalación, que incorpora un medidor de velocidade para determinar os niveis óptimos de subida e baixada na configuración do programa (sempre que fagamos unha instalación nova).
Este novo lanzamento tamén serviu para anunciar que xa hai uns 400.000 usuarios que probaron o uTP dende µTorrent, o que contribúe a mellorar o software de cara ao lanzamento oficial da versión 2.0 do programa.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS