Sabotean a páxina web de Izquierda Unida

luns, 3 de marzo do 2008 Marcus Fernández

O pasado sábado pola noite, os internautas que visitaban a páxina web de Izquierda Unida atopaban na mesma unha imaxe retocada dos candidatos do PP e o PSOE cunha bandeira pre-constitucional de fondo e un pé de foto que rezaba «tenemos algo en común, le dijo un presidente a un embustero». Esta sabotaxe foi reivindicada por un grupo coñecido coma D.O.M. Team 2008.
Tras detectar o ataque, dende a formación política decidiron redirixir a súa web provisoriamente á páxina do seu candidato (e así continúa durante a mañá do luns).
Os autores deste ataque informático (que responden ós seudónimos de Ka0x, An0de, Xarnuz e Piker) saltaron as medidas de seguridade da web de IU, e segundo os responsables técnicos da formación política, non se trataría de afeccionados. IU anunciou que presentará unha denuncia polo acontecido, que non dubidan en considerar un «ataque político» en vista de que a web do partido era «moi potente nestas eleccións».

PUBLICIDADE