SIDSA ofrece unha solución para protexer os contidos de TDT a través de satélite

martes, 25 de setembro do 2007 Marcus Fernández

A empresa española SIDSA anunciou que a súa solución KeyFly CDN permite empregar o acceso condicional que asegure a difusión dos contidos de TDT pola rede de satélites de Hispasat sen saír das fronteiras españolas (para respectar os dereitos de explotación audiovisual).
Deste xeito, no caso de que a rede satelital española decidise empregarse para chegar ós lugares onde espallar a TDT mediante as infraestruturas terrestres sexa pouco rendible, SIDSA podería ofrecer a súa solución tecnolóxica para protexer o sinal das emisións.
As estimacións actuais falan de que o último 15% da cobertura terrestres resulta moi caro, de xeito que recorrer ó satélite para tales localizacións podería ser máis factible, pero o Goberno aínda non tomou ningunha decisión ó respecto, aínda que se coñece o feito de que RTVE está a valorar tal opción con Hispasat.

PUBLICIDADE