SCO deberá pagar 2,55 millóns de dólares a Novell

mércores, 3 de decembro do 2008 Marcus Fernández

O SCO Group, que pretendía facer negocio intentando cobrar polo sistema operativo GNU/Linux ao asegurar que parte do código do seu núcleo era da súa propiedade, non parece que vaia saír coa súa, e tras máis de 5 anos de litixios en agosto do ano pasado a súa causa principal (contra Novell) resultou desfavorable para SCO, e agora os tribunais ratifican a sentenza anterior, de xeito que SCO debería pagar 2,55 millóns de dólares a Novell, o que parece bastante improbable pois aparte de aínda sexa posible presentar apelación, SCO está a pasar dificultades económicas e incluso chegou a declararse en bancarrota, e as esperanzas de salvar a empresa da súa mala traxectoria comercial pola vía xudicial cada día parece máis difícil.

PUBLICIDADE