Runedia lanza aplicación para deportistas con sistema de xeolocalización

venres, 23 de outubro do 2015 Redacción

Os responsábeis da web de recursos deportivos Runedia lanzaron unha aplicación de interese para os deportistas afeitos a probarse a si mesmos nunha chea de competicións. Estamos a falar dunha aplicación desenvolvida en alianza coa consultora tecnolóxica Pasiona cuxo principal valor ou característica diferencial é que incorpora un sistema de xeolocalización co que os deportivas poden saber das carreiras máis próximas e que sexan máis acaidas ás súas preferencias. Ademais, ofrece a oportunidade de propor desafíos a outros corredores e compartir os seus resultados nas redes sociais.
Esta nova aplicación, que leva aos dispositivos móbiles os contidos e as funcionalidades da web Runedia, está dispoñíbel para Android, iOS e Windows Phone. “Grazas a estas ferramentas”, sinalan dende o portal, “os usuarios disporán de información actualizada das diferentes probas que se celebren a nivel estatal, de como inscribirse e como chegar ao momento de saída”. A aplicación incorpora tamén unha serie de funcionalidades que permiten recompilar as estatísticas de cada carreira, elaborar un calendario de probas favoritas. A maiores, inclúe unha ferramenta para xestionar os contactos dentro da comunidade Runedia.

PUBLICIDADE