Router para acceder á banda larga móbil por Wi-Fi
luns 17 de novembro do 2008, por | |
| Compartir |
Os usuarios que
gusten das conexións de banda larga móbil, e que queiran compartilas, teñen
agora unha interesante opción de facelo grazas ao router
GlobeSurfer III, que permite conectarse á Internet mediante HSDPA a
velocidades de ata 7,2 Mbps e compartir este acceso á Rede por Wi-Fi
(soportando o protocolo IEEE 802.11b/g co WEP, WPA e WPA2) ou por Ethernet.
Este router mide 15 x 10 x 3,2 milímetros, polo que é bastante doado de
transportar, e incluso conta cun conector para un teléfono convencional (para
recibir chamadas telefónicas). O uso de mensaxes de texto, pola contra, se pode
facer vía web, por parte de calquera dos equipos que se conecte ao router
(tanto para ler como para responder ás mensaxes). Tamén permite conectar
impresoras USB ou discos duros externos para compartilos en rede.
O
seu prezo de venda sen IVE é de 285 euros, aínda que é de agardar
que se poida conseguir a un prezo máis competitivo a través da subvención dalgunha
operadora de telefonía móbil.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














