Robots intelixentes, sistemas de detección de inundacións e videoxogos protagonizan o campamento tecnolóxico de verán
martes, 14 de xullo do 2015
Os 40 participantes do campamento de verán organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia - Tecnópole
experimentaron das maneiras máis divertidas durante dúas semanas para adquirir
competencias e habilidades de innovación. Esta mañá mostraron os seus proxectos
durante a última xornada dos Tecnópole Technological Workshops (T2W), nos que
participaron rapaces e rapazas de entre 12 a 18 anos procedentes de Ourense,
Vigo, Gondomar e Santiago.
No único campamento tecnolóxico de verán que se celebra en
Galicia deseñáronse e construÃronse prototipos a partir de ideas que na maior
parte dos casos seguirán a desenvolverse os vindeiros meses para participar en
novembro na décima edición da feira Galiciencia.
Logo de amosar os seus proxectos, os equipos enfrontáronse
nunha competición de foguetes propulsados por auga e aire, deseñados e
construÃdos por eles mesmos aplicando as leis de Newton e os principios básicos
da aerodinámica.
O prototipo máis espectacular dos expostos hoxe foi o dun
aerodeslizador, un vehÃculo a motor que se deslizou polos corredores da
Tecnópole lanzando un chorro de aire que lle permite desprazarse flotando sobre o chan mentres soporta o
peso dun piloto.
Os videoxogos centraron unha boa parte dos proxectos
desenvolvidos polos equipos. Grazas a linguaxes de programación intuitivas como
o Scratch, lograron en tan só estas dúas últimas semanas crear xogos
educativos. Nun deles, hai que guiar o gato ecoloxista para depositar o lixo de
maneira selectiva no seu colector correspondente. Noutro, os comandos actÃvanse
sobre plataformas dispostas no chan que permiten dirixir os personaxes do
videoxogo pulsando cos pés grazas á aplicación dun controlador denominado Makey
Makey.
O láser foi a outra tecnoloxÃa estrela deste ano. Un dos
equipos desenvolveu un sistema para diferenciar o aceite de oliva virxe extra
do que non o é, de maneira que ao atravesalo o láser emite unha ou outra cor. A
través dun sofisticado deseño, outro dos equipos foi capaz de deseñar un
sistema de captura e reprodución de música do móbil ao ordenador vÃa láser.
Dúas das participantes aproveitaron o campamento para
perfeccionar un proxecto que están planeando patentar. Trátase dun sistema de
detección de inundacións a través dun pluviómetro que se enche só en caso de
chuvias torrenciais e que, mediante un sensor, lanza un sinal no momento no que
a auga chega ao borde. Neste momento, traballan no sistema de envÃo do sinal de
alerta ao móbil.
Cociñas solares, unha trituradora e compostadora de residuos
domésticos e un trivial baseado en coñecementos sobre as constantes vitais
foron algúns dos outros proxectos presentados. Ademais, os campistas
demostraron a súa capacidade para montar e programar robots construÃdos con
pezas e mecanismos LEGO Mindstorms para realizar diferentes funcións de forma
autónoma, como por exemplo superar obstáculos grazas á incorporación de sensores
baseados en infravermellos e ultrasóns.
Diversión e aprendizaxe
Todos os participantes traballaron durante estas dúas
últimas semanas no desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos con diferentes
graos de complexidade en función das súas idades. Debido a que as prazas se esgotaron
moi pronto e que moitos rapaces e rapazas quedaron fóra, Tecnópole organiza en
paralelo tres obradoiros de robótica dos que aÃnda quedan prazas para agosto e
setembro.
Os obxectivos destas actividades consisten no
desenvolvemento da capacidade resolutiva e innovadora e na dinamización da
axilidade mental e da creatividade. Ademais de procurar que os alumnos e
alumnas adquiran novos coñecementos tecnolóxicos, preténdese potenciar neles
actitudes como o respecto mutuo, a colaboración e a socialización, xunto con
habilidades relacionadas con falar ben en público, etc.
Os monitores e profesores son expertos en didáctica da
ciencia e da tecnoloxÃa e no resto das materias que se desenvolven, aplicando
unha metodoloxÃa dinámica, participativa, flexible e adaptada a cada tipo de
idade.
Dado que se trata de actividades integradas no tempo de
vacacións dos participantes, trátase de fomentar a aprendizaxe a través do
xogo, potenciando a creatividade e baseándose nas emocións e experiencias
persoais. AsÃ, durante o campamento os participantes practicaron tamén
actividades deportivas en equipo ao aire libre, como a natación, o tenis ou o
atletismo.