Rianxo amplÃa o prazo para inscribirnos nos seus cursos dixitais anti-crise
martes, 4 de agosto do 2020
O
Concello
de Rianxo ampliou o prazo para a inscrición nos seus cursos de
formación en liña, unha manchea de actividades formativas sobre
as máis diversas vertentes que veñen, todas elas, co nexo común de
axudar ás empresas, aos autónomos e aos profesionais a combater os
efectos negativos da crise sanitaria e económica. O prazo de
inscrición ficará aberto até o 31 de agosto. Segundo informa o
Concello, aÃnda hai dispoñÃbeis 60 prazas.
En
total, o Goberno rianxeiro achega case dúas ducias de actividades
formativas, algunhas delas claramente tecnolóxicas (Curso de
xestor de comunidades online; Curso de xestión de vendas,
mercadotecnia directa e utilización das redes sociais na xestión
comercial; Curso de seguridade informática e sinatura dixital; Curso
de desenvolvemento web para o comercio electrónico; Curso de
trámites en liña coa administración, Curso sobre creación,
programación, e deseño de páxinas web con HTML5 e CSS3, Curso de
xestión da seguridade informática na empresa, etc) e outras
envorcadas nos coidados e na saúde (Curso de actividades acuáticas
para bebés, Curso de nutrición e dietética, Curso de elaboración
e conservación de alimentos, etc).
Tamén
hai actividades para converternos en expertos na xestión de
residuos, na xestión turÃstica innovadora (a través da plataforma
Amadeus) ou na prevención de riscos laborais. Igualmente,
favorecerase a alfabetización dixital básica cun curso de
iniciación ás TIC.
As
persoas que soliciten a participación no programa de formación
deben ser maiores de 16 anos, estar empadroadas no termo municipal e
dispor de equipamento para a conexión á plataforma en liña (un PC
con calquera sistema operativo, tableta ou móbil, e conexión á
Internet) ademais de ter competencias dixitais básicas.
O
alumnado admitido disporá de tres meses para completar os cursos
solicitados.
A
inscrición realizarase de forma preferentemente telemática na Sede
Electrónica do Concello de Rianxo, ​​​ou, de non ser
posÃbel, no Rexistro Xeral do Concello de Rianxo emprazado no número
1 da praza Castelao.