SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Retrasan o lanzamento internacional do iPad e as principais operadoras confirman que venderán a versión 3G en España

mércores 14 de abril do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Nas últimas horas Apple lanzou un comunicado que decepcionará a moitos dos seus seareiros, posto que no mesmo recóllese a nova de que o lanzamento internacional do iPad vai demorarse ata finais do mes de maio, provocado este retraso pola elevada demanda do dispositivo que hai nos EE.UU., e que fai imposible atender a pedidos do resto do mundo.
A primeira semana o iPad logrou colocar máis de medio millón de unidades, superándose as previsións da compañía nun momento no que o único modelo dispoñible é o que conta con conectividade Wi-Fi, mentres que o modelo con 3G, que non lanzarán ata finais de abril, tamén está a rexistrar un importante volume de reservas.
O 10 de maio será a data na que Apple anunciará os prezos internacionais do seu iPad e comezará a aceptar recibir pedidos por parte do público de fóra dos EE.UU., aínda que os máis impacientes en facerse co dispositivo de Apple poden adquirilo a través de distintas canles coma poxas en eBay ou tendas en liña coma Don’t Retail.
Por outra banda, Vodafone confirmou que vai distribuír o iPad 3G en Australia, Alemaña, Italia, Reino Unido e España, a prezos que anunciará a finais de maio, aínda que parece ser que a súa comercialización non será exclusiva, e tanto Telefónica coma Orange venderán o trebello de Apple no noso país.
O feito de que Vodafone vaia vender o iPad 3G en España tamén reaviva os rumores de que nuns meses podería comercializar tamén o iPhone, rematando coa exclusividade formal de Movistar co teléfono de Apple.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS