Retegal renova a súa páxina web

luns, 28 de febreiro do 2011 Redacción

Nova aparencia da páxina web do operador público Retegal

O operador público Retegal estrea nova web proporcionando un acceso aos seus contidos máis doado para os usuarios. O portal de Retegal expón todos os servizos que presta o operador público á sociedade galega e a outros operadores de comunicacións. Ademais, nesta páxina web pódese atopar a situación dos case 200 centros de telecomunicacións que xestiona Retegal, xunto cunha pequena galería fotográfica destes centros.
A renovación do portal de Retegal enmárcase no proceso de modernización e adaptación do operador público de telecomunicacións galegas ao seu rol de operador neutro de servizos. Retegal é una ferramenta imprescindible no actual contexto tecnolóxico que está a posibilitar situar á Comunidade nun posto referente en canto ás tecnoloxías da información e as comunicacións.
No último ano Retegal tivo impulsou dous dos fitos tecnolóxicos máis importantes da Comunidade, o apagamento analóxico e o Plan de Banda Larga. O operador público participou na planificación, coordinación técnica e despregamento da migración Televisión Dixital Terrestre (TDT). No caso da extensión da Banda Larga, Retegal realizou en 2010 un forte despregamento de rede para facilitar a infraestrutura precisa que permita levar a banda larga a aquelas localizacións que ata o de agora carecían dela.

PUBLICIDADE