Resolto o certame de aplicacións abertas de Chuza!

luns, 3 de novembro do 2014 Redacción

Finalmente resolveuse a primeira edición do Certame de aplicacións de software libre da comunidade Chuza!, unha actividade desenvolvida en colaboración co Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) e co obxectivo de contribuír por unha banda á evolución da propia páxina da comunidade e, pola outra, á rede de ferramentas informáticas libres das que podemos botar man na nosa lingua.
Segundo fan saber os organizadores do concurso, acordouse outorgar dous premios accésit a Iago Veloso Abalo (por RadioCo, un sistema de gravación automática da emisión en directo dunha emisora de radio comunitaria) e a Damián Aragunde (por Ok-Oh, unha ferramenta de axuda á audición mediante o uso de dispositivos móbiles).
Engadir que RadioCo xurdiu como un proxecto de fin de carreira e xa foi probado por CuacFM. O sistema grava e publica de xeito automático os programas en formato podcast posibilitando a subscrición e a reprodución de audio directamente dende un navegador web.

PUBLICIDADE