Rematou o curso de Excel Avanzado de Compostela Monumental

luns, 21 de marzo do 2022 S. P.

As alumnas do Programa Integrado de Emprego de Compostela Monumental finalizaron con éxito o Curso de Excell Avanzado ADGG020P0 que se celebrou durante dúas semanas nas instalacións que a patronal do centro histórico ten na Algalia de Arriba 31.
A acción formativa, impartida por Alberto Fandiño, contou cun total de 20 horas lectivas e o obxectivo da mesma foi que as alumnas aprendesen a utilizar as aplicacións e deseño das funcións avanzadas de Excell, traballar con datos externos e a interconexión de Excell e Access.
Compostela Monumental desenvolve un ano máis o seu Programa Integrado de Emprego que conta co apoio do a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Máis de 100 mulleres desempregadas forman parte do mesmo, e a meta é lograr inserir no mundo laboral como mínimo ao 45% das mesmas. A día de hoxe 27 alumnas xa teñen un traballo.

PUBLICIDADE