Remata o prazo para anotarnos nos cursos lucenses sobre eFacturación, redes sociais, deseño e smartphones
xoves, 19 de outubro do 2017
- A concelleira Rosana Rielo nunha rolda de prensa recente
O Concello
de Lugo vén de informar que este xoves 19 de outubro remata o prazo
para inscribirnos en boa parte dos cursos do programa formativo
TecnoloxÃza-T!, organizado polo Goberno local no
Edificio de Novas TecnoloxÃas, emprazado no miolo da cidade vella.
Concretamente, este xoves é o último dÃa para anotarnos nos
obradoiros de Sinatura e facturación electrónica (que se
celebra este sábado), Iniciación ás redes sociais, Deseño web
e Sácalle partido ao smartphone, que arrancarán o vindeiro
luns. Cada un deles oferta 15 prazas.
Todas as persoas interesadas en participar poden
inscribirse no Edificio de Novas TecnoloxÃas, na Praza de Anxo
Fernández Gómez, aberto de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas, e
de 17:00 a 21:00 horas, e os sábados de 17:00 a 21:00 horas.
O Concello tamén lembra que até decembro, a
ConcellerÃa de Concello e CidadanÃa que dirixe Rosana Rielo ofrece
outras alternativas de formación como Trámites bancarios online,
Marketing dixital, ComunÃcate Online, Súbete á nube,
Posicionamento Web e SEO, Sácalle partido ao Whatsapp,
Creación de Apps, Internet segura, Aprende a usar a túa tableta,
Introdución á programación e Retoques fotográficos co teu
smartphone.
A data de inscrición, que é distinta para cada
actividade, pode consultarse ben no propio centro, a través do
teléfono de atención cidadá 010 ou en www.lugo.gal.
Os e as menores de idade deberán contar coa autorización dun titor
legal. Cada persoa só se poderá inscribir en dous cursos. Só no
caso de que queden prazas libres poderanse admitir a inscrición en
máis de dous obradoiros. O acceso aos cursos será por sorteo, que
se realizará ás 11:00 horas do dÃa seguinte ao peche da
inscrición.