Remata EficienTIC 2013, o programa de ciencia e tecnoloxÃa para os estudantes galegos
martes, 19 de marzo do 2013
O
19 de febreiro daba comezo a segunda edición de EficienTIC,
un encontro para estudantes de ESO e Bacharelato de colexios e
institutos de secundaria de toda a xeografÃa galega encamiñado a difundir todo
o relacionado coa eficiencia enerxética e a tecnoloxÃa. As ditas
xornadas chegaban ao seu fin o pasado xoves dÃa 14, sendo
desenvolvidas todos os martes e xoves de febreiro e marzo. Cómpre
dicir que detrás de EficienTIC se atopa CITEXVI
(Cidade Tecnolóxica de Vigo), GRADIANT
(Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia), ENERGYLAB
(Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética),
FECYT
(Fundación Española para a Ciencia e a TecnoloxÃa) e o Ministerio
de Ciencia e Innovación.
EficienTIC
2013
levouse a cabo no edificio CITEXVI -situado no Campus Universitario
de Vigo- e acolleu a un bo numero de visitantes. Máis polo miúdo,
arredor de 800
estudantes de 17 centros educativos galegos participaron nas
actividades propostas que incluÃan: demostracións
e visitas guiadas, obradoiros para amosar como empregar a tecnoloxÃa
que nos rodea e axudar deste xeito ao medio ambiente, aprender como
as enerxÃas renovables poden alimentar as nosas máquinas ou mesmo
facer funcionar aparatos sen electricidade.