Regalan unha Wii chapada en ouro á Raíña de Inglaterra

venres, 22 de maio do 2009 Marcus Fernández

Hoxe chega ás tendas europeas o xogo BIG Family Games para a consola doméstica de Nintendo, é á xente de THQ ocorréuselles que o xeito de dar a coñecer internacionalmente este título era remitindo ao Palacio de Buckingham unha Wii chapada en ouro para a Raíña de Inglaterra, o que supoñen que é un agasallo ideal para animar á Alteza Real a probar o novo xogo, seguindo a liña de agasallos tecnolóxicos para a monarca (á que Obama entregou un iPod hai pouco).
Parece que a xogada de THQ está a saír bastante ben, pois os medios de todo o mundo están a dar conta da consola de ouro, aínda que esquecen bastante o xogo promocionado, BIG Family Games, que é un título que agrupa 24 xogos clásicos de rúa coma o fútbol, o gol, o tenis, os dardos, a ferradura ou a petanca, sacando sempre proveito do Wiimote e permitindo moita diversión en partidas en grupo.

BIG Family Game é un título moi na liña doutros xogos familiares para Wii

PUBLICIDADE