Regalan ao Papa unha cámara de vídeo Sony

mércores, 8 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Co gallo do cumio do G8 distintos líderes mundiais acudiron a Italia esta semana, entre os que está o primeiro ministro nipón Taro Aso, pertencente a unha minoría católica romana, polo que aproveitou a ocasión para visitar ao Papa Bieito XVI para falar de temas coma a crise económica mundial, o cristianismo no Xapón ou os problemas de África, pero o que resultou rechamante para moitos foi que Taso Aso agasallou ao líder relixioso cunha cámara Sony Handycam de alta definición (posiblemente unha HDR-XR500V). ¿Veremos gravacións domésticas feitas no Vaticano?

PUBLICIDADE