Redsinfronteras.org redeseña o seu sitio, facéndoo moito máis intuitivo e dinámico

xoves, 2 de abril do 2009 Raquel Noya

A Fundación Redsinfronteras.org, creada polo Grupo Gowex hai xa cinco anos para levar Internet ás zonas do mundo onde a cobertura é inexistente, vén de redeseñar o seu sitio web, creando unha interface onde os usuarios poden, entre outras moitas cousas, acceder á información de xeito moito máis rápido e sinxelo.
O novo deseño inclúe contidos sobre as distintas accións que leva a cabo a Fundación, incluíndo vídeos, formularios para facerse voluntario ou información detallada sobre os obxectivos que persegue a entidade, entre o que destaca o compromiso de conseguir que a eficiencia das telecomunicacións “represente o antes posible un ben básico e de primeira necesidade para todos”, deixando de ser un “servizo de luxo” para determinadas áreas da poboación.
Jenaro García, presidente do Grupo Gowex, asegura que a intención principal desta ferramenta é “conseguir que as telecomunicacións cheguen a toda a poboación de xeito libre, xeralizado e eficiente”.
O novo deseño da web, moito máis intuitivo e dinámico, encaixa á perfección con esta premisa.

PUBLICIDADE