Red.es liberaliza o rexistro de dominios .es multilingües a partir do 12 de decembro

mércores, 21 de novembro do 2007 Fernando Sarasketa

Xa temos data para a liberalización do rexistro de dominios “.es” multilingües. Segundo fixo saber a entidade Red.es este martes 20 de novembro, será a partir do 12 de decembro cando o proceso acade o estatus de “ceibe”.
Deste xeito, todos os cidadáns interesados poderán solicitar os “.es” cos caracteres propios das linguas oficiais do Estado “de acordo cos procedementos habituais para o rexistro de dominios”, sinalou a entidade dependente do Ministerio de Industria, que ten detallados neste pdf as fases e os regulamentos do proceso.
Cómpre sinalar que este martes 20 tamén se deu a coñecer o sorteo de dominios multilingües con máis dunha solicitude lexitimada, podéndose ver os resultados neste outro pdf.

PUBLICIDADE