Red.es escolle a Elogia para dirixir ás PEME cara ao comercio electrónico
mércores, 30 de xullo do 2014
A
entidade pública empresarial Red.es -adscrita ao Ministerio de
Industria, EnerxÃa e Turismo (MINETUR) e encargada de impulsar o
desenvolvemento da Sociedade da Información en España- vén de
elixir á axencia de mercadotecnia en liña especializada en comercio
electrónico Elogia de cara á nova
edición do programa de asesoramento en
comercio electrónico para PEME. E que se agocha detrás de Elogia?
Pois unha contribución de 15 anos de experiencia en mercadotecnia
100% dixital, moita dela desenvolvida dende a nosa terra e a sede de
Elogia en Vigo (na imaxe), e unha especialización en mercadotecnia para
comercio electrónico, froito de anos de traballo con tendas online
e comercio electr como Privalia, Groupalia ou Ulabox, e tamén con
PEME.
E
volvendo á nova, Red.es prevé encamiñar este ano máis de 18
millóns de euros en subvencións a fondo perdido, dos cales cada
proxecto poderá beneficiarse con até 15.000 euros. Asemade, Red.es
ten pensado adxudicar máis de 1.200 proxectos en toda España, o que
supón un incremento do 253% respecto do ano anterior.
As
empresas interesadas deben entregar a súa solicitude antes do 9 de
setembro de 2014 a través da web Red.es. Para poder optar a estas
axudas cómpre ser unha PEME (Pequena e Mediana Empresa), asà como
ter o enderezo social e fiscal fixado nalgunha das seguintes
comunidades autónomas: Galicia, AndalucÃa, Aragón, Asturies,
Castela-A Mancha, Ceuta, Comunidade Valenciana, Estremadura, Illas
Canarias, Melilla, Murcia ou Navarra.
O
programa de mentoring
en comercio electrónico de Red.es divÃdese en dúas fases: unha de
diagnóstico e asesoramento e outra de introdución das melloras
identificadas na consultorÃa. Para ampliar a información sobre o
proceso de solicitude é preciso visitar a web
corporativa de Elogia.