Recomendan mudar de contrasinal en Twitter tras un fallo de seguridade

xoves, 3 de maio do 2018 Marcus Fernández

Cando nos identificamos en Twitter estamos a recibir unha mensaxe na que ínstasenos a mudar o noso contrasinal, non porque o anterior fose inseguro ou padecesen unha filtración, senón porque detectaron un fallo de seguridade que consistía en que nun ficheiro histórico interno almacenábanse os contrasinais sen cifrar, de xeito que estarían accesibles para os traballadores de Twitter e, unha vez detectado o problema iniciaron unha investigación da que concluíron que non houbo intrusións no seu sistema nin usos indebidos da información.
Para ser prudentes, dende Twitter recomendan cambiar o contrasinal actual, especialmente se empregamos o mesmo noutros servizos, pero cunha mensaxe de tranquilidade, xa que confían en que realmente non haxa ameaza ningunha para a seguridade, e o bug detectado non tería consecuencias reais tras a súa corrección.
Dende Twitter aproveitan para lembrar que é recomendable empregar contrasinais robustos e non reutilizalos en distintas páxinas web, que se activamos a identificación de dous factores teremos a nosa conta máis segura e, se empregamos xestores de contrasinais poderemos gozar dunha seguridade moi elevada.

PUBLICIDADE