Rebit permite automatizar as copias de seguridade baixo Windows

martes, 8 de setembro do 2009 Marcus Fernández

A versión de Rebit para unidades de 2,5 polgadas é ideal para o seu uso en portátilesA xente que queira gozar de copias de seguridade automatizadas no seu PC con Windows poden optar por Rebit, unha solución software cunhas funcións que poden lembrarnos ao Time Machine de Apple, e que tamén pode adquirirse preinstalada en distintos discos duros externos.
Este sistema foi copias automatizadas nun disco duro externo dos nosos datos, o sistema operativo, as aplicacións, os controladores de dispositivos, os contrasinais, os marcadores, as preferencias… ou sexa, os datos almacenados no disco duro do noso equipo, para poder recuperalo en caso de accidente, podendo recuperar dende o equipo completo ata un documento independente.
É posible adquirir o Rebit nun disco duro externo de 2,5 polgadas de 160 Gb por 149,95 dólares ou de 320 Gb por 169,95 dólares; ou tamén nun disco duro externo de 3,5 polgadas de 500 Gb por 189,95 dólares ou 1 Tb por 269,95 dólares. Por 50 dólares adicionais é posible cambiar a edición monoposto da aplicación Rebit por unha multiposto (de xeito que podería aproveitarse a mesma unidade para manter a salvo os datos de varios equipos).

PUBLICIDADE