ReAcciona apoia 124 proxectos para mellorar a competitividade e a transformación das nosas pemes
luns, 1 de febreiro do 2021
Co
remate de xaneiro, o Goberno galego compartiu novidades relativas ás
axudas do programa ReAcciona, co-impulsado pola axencia AMTEGA para
facilitar ás pemes da nosa terra a creación de recursos útiles
para avanzar en competitividade e transformación no contexto actual
de crise sanitaria. As
axudas acabadas de aprobar ascende a 465.000 euros. Permitirán
mobilizar 568.000 euros en 124 proxectos.
Entre
os proxectos que se veñen de aprobar, destacan os apoios destinados
á análise do potencial competitivo; a preparación de procesos
certificábeis; o asesoramento para o financiamento da innovación; a
construción dun proxecto de futuro e un plan de mellora empresarial;
a mellora da xestión financeira e procura de financiamento; a
optimización da produción e a cadea loxÃstica; ou o asesoramento
para o relanzamento comercial.
Por
sectores, máis dun 46% dos servizos aprobados desenvolveranse no
sector servizos, un 26% na industria, un 16% no comercio, un 8% na
construción e un 4% na hostalerÃa.
As
axudas resoltas enmárcanse dentro da terceira convocatoria do
programa ReAcciona, co que xa son 531 os proxectos apoiados cunha
achega global de 2 millóns de euros, que permitirán mobilizar 2,4
millóns. Proximamente seguiranse resolvendo novas axudas vinculadas
a esta edición do programa. Este pon á disposición das pemes
beneficiarias servizos de alto valor engadido co apoio de expertos en
ámbitos como a reorganización estratéxica e operativa dos seus
negocios, a profesionalización, a dixitalización e, como novidade
introducida o pasado ano, a innovación.
Na
iniciativa colaboran a Vicepresidencia segunda e ConsellerÃa de
EconomÃa, Empresa e Innovación e a Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e conta con co-financiamento do
programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.