RapidShare botará o peche o 31 de marzo

mércores, 11 de febreiro do 2015 Marcus Fernández

Os servizos de descarga directa a través da web son moi populares e conforman un mercado moi dinámico no que os conflitos por vulneración do copyright provocou peches moi significativos como o de Megaupload, pero agora sorprende a suíza RapidShare, veterana compañía que comezou a operar en 2002, anunciando que cesará de operar o vindeiro 31 de marzo, polo que recomendan aos seus usuarios que procesan a recuperar a información que teñan cargada aos seus servidores, xa que no mes de abril xa non estarán dispoñibles os seus documentos, que pasarán a borrarse de xeito automático.
Curiosamente non estamos ante un peche provocado por unha resolución xudicial, xa que a compañía conseguiu superar as súas moitas batallas legais, proceso no que foi transformándose nun servizo máis restritivo, presentando unha imaxe de servizo de almacenamento na nube en vez de fonte de contidos para a súa descarga. Este cambio de orientación faille competir nun sector demasiado concorrido, no que compañías como Microsoft, Google e Dropbox teñen unha posición demasiado consolidade, levando a que RapidShare non puidese atopar un lugar que lle permitise chegar a un funcionamento economicamente sustentable. Temos así como a que era unha das 50 páxinas web máis visitadas da Internet hai poucos anos, con centos de millóns de páxinas vistas ao mes, di adeus con bastante discreción, xa que o publico practicamente xa esquecera o servizo.

PUBLICIDADE