Rajoy cambiará a materia de Educación para a Cidadanía por Novas Tecnoloxías no caso de gañar as eleccións

martes, 9 de outubro do 2007 Raquel Noya

O presidente do PP, Mariano Rajoy, comprometeuse recentemente a que se gaña as eleccións xerais, substituirá a materia de Educación para a Cidadanía por Inglés e Novas Tecnoloxías.
Nunha entrevista concedida ó diario galego Faro de Vigo, o líder popular considerou, entre outros temas, que no sitio da dita nova materia inserida polo Goberno central no programa educativo, “os nenos deberían estudar inglés dende os tres anos e familiarizarse coas novas tecnoloxías e a Sociedade da Información”.
Boa ou mala, o certo é que esta decisión a quen máis vai afectar é ós cativos que nestes días se están a familiarizar coa nova materia, que -por outra banda- non ten por que ser incompatible coas novas tecnoloxías nin moito menos, pero o caso é dar que falar por parte duns e dos outros.

PUBLICIDADE