Radius, un todo-en-un portátil
luns, 17 de xaneiro do 2011
Os primeiros
ordenadores portátiles eran pouco máis que equipos en formato torre aos que se
integraban un teclado, un monitor e unhas asas, e aÃnda que pareza un concepto
caduco, NextComputing
quere resucitalo cos seus ordenadores
Radius, equipos todo-en-un que integran unha pantalla de 17 polgadas cunha
resolución máxima de 1.920 x 1.200 pÃxeles na súa torre, de xeito que temos un
equipamento de grande potencia, pero con facilidades para o seu transporte.
Estes ordenadores poden adquirirse con distintos procesadores (Intel Core i7,
Intel Xeon ou AMD Phenom II), con ata 24 Gb de RAM, numerosas unidades de
almacenamento (ata 2 unidades SATA extraÃbles en quente de 2,5 polgadas e ata 6 unidades SATA internas de 2,5
polgadas), entre 6 e 8 portos USB 2.0, Firewire, eSATA, Gigabit Ethernet,
gravadora de DVD e 4 fendas PCI/PCIe libres. Estariamos ante equipos de alta
gama, aÃnda que cun formato un tanto sorprendente para os tempos que corren,
polo que parece que a súa adquisición estarÃa recomendada para usuarios de campaña (pois entre as súas opcións
está a de adquirilo cunha carcasa reforzada baixo estándares militares).
- Este equipo todo-en-un pode transportarse coma un maletÃn