RTVE muda de satélite en Europa

venres, 7 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

Ao igual que febreiro é o mes da transición da TVG en SD a HD no satélite Astra que cubre ao público europeo, Radio Televisión Española tamén está a realizar tal salto de calidade nas emisións, pero desta volta non chega cunha resintonización de canles, senón que RTVE muda de satélite, abandonando o Astra 19°E e optando polo Hotbird13B, de xeito que os europeos que queiran continuar a recibir as emisións de Televisión Española e Radio Nacional por satélite terán que reorientar a súa antena parabólica ou engadir un sistema multisatélite (se queren manter todas as canles anteriores). Dado que as novas emisións realízanse en alta definición (DVB-S2), en moitos casos tamén serán precisos certos axustes nas instalacións domésticas (como incluír un novo módulo de cabeceira).
Actualmente RTVE mantén as súas emisións en ambos satélites, pero a partir do 1 de marzo só manterán as novas emisións el alta definición.

PUBLICIDADE