RENFE levará o Wi-Fi ás súas estacións e ao AVE

mércores, 11 de febreiro do 2015 Redacción

A Rede Nacional de Ferrocarrís Españois, RENFE, vén de anunciar que contará con Wifi nas principais estacións da rede do servizo de proximidade e tamén nos seus trens de Alta Velocidade (AVE). Así o daba a coñecer a ministra de Fomento, Ana Pastor, quen informaba que RENFE prevé comezar coa achega de Wi-Fi nalgunha das súas estacións de proximidade o vindeiro verán.
A empresa de ferrocarrís prevé sacar a concurso o contrato de instalación desta tecnoloxía entre os vindeiros meses de abril e maio, para que a súa introdución vai entrando paseniño ao longo deste verán e se estenda durante a segunda metade do ano.
En canto á habilitación da Internet sen fíos nos trens AVE, abranguerase nunha segunda fase, a través dun contrato específico, polas "dificultades técnicas" que a supón habilitar este servizo a bordo.

PUBLICIDADE