R segue despregando a súa nova rede de fibra en Abegondo
luns, 28 de marzo do 2022
Cinco novos núcleos veñen de incorporarse á rede de fibra óptica
de R no municipio coruñés de Abegondo. Isto é debido á nova
infraestrutura de fibra que o operador galego está a renovar nas
catro provincias de Galicia dende a mediados de 2021.
R rematou outro treito das tarefas de despregamento da súa rede de
fibra en Abegondo, conectando 244 novos fogares e negocios. No marco
da Plan Avanza, estes traballos únense aos desenvolvidos con
anterioridade para incorporar inmobles tamén noutros núcleos de
Peneda, A Igrexa, Cerneda... Cando se remate a despregadura de rede,
Abegondo contará con máis de 900 residencias e empresas conectadas
ás redes de nova xeración e preparadas para recibir os servizos de
telecomunicacións máis innovadores. R resultou adxudicataria en
2018 dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza, dotados cun total de
10 millóns de euros e a través dos cales estase a despregar a
tecnoloxÃa FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñÃan de
alta velocidade. A dÃa de hoxe, só no marco do Plan Avanza, R
chegou coas súas redes a núcleos de poboación das catro provincias
galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade (Monterroso, Palas de
Rei, Ortigueira, Cariño, Vilaboa, Combarro, etc).
Os/as clientes/as de R dos novos núcleos conectados xa poden gozar
das vantaxes que lles ofrece a nova rede de fibra do operador galego
(acesos de ata 10 xigas, wifi 6, televisión con deco Android 4k sen
custe adicional, cobertura óptima dos servizos de R ou maior
capacidade de navegación simultánea). Isto dase grazas á
tecnoloxÃa FTTH, que se basea no estándar XGS-PON e permite
velocidades simétricas (iguais de suba e de baixada). Tamén se
están a realizar traballos de despregadura da tecnoloxÃa 5G e
cambio gratuÃto dos equipos vellos de Internet.