Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

R segue a ser o operador de acceso á Rede mellor valorado de España

mércores 11 de marzo do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Os resultados da 11ª Enquisa da Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC) correspondente ao último trimestre de 2008 veñen de publicarse, e dende R aseguran que esta análise sitúa ao operador galego de cable coma o provedor de Internet mellor valorado de España en canto a velocidade de conexión, atención ao usuario e relación calidade-prezo.
No apartado de velocidade R obtén unha puntuación de 4,05 sobre 5, superando a outras cableiras coma Telecable (3,63) e Euskaltel (3,52) e moi por enriba de Movistar (3,11) e Vodafone (2,96). En atención ao cliente R faríase cun 4,00, e no apartado da relación calidade-prezo acadaría un 3,62, superando os 2,91 puntos de media do sector (e claramente por enriba dos 2,72 puntos de Telefónica).
Hai que lembrar que R xa quedara coma provedor de Internet mellor valorado de España na anterior enquisa da AIMC, recoñecemento que acadou en 5 ocasións durante os últimos anos.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS