R mellora as condicións dos seus novos combos

mércores, 20 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Fotografía dunha das oficinas de R

O operador galego R renova os seus paquetes combinados para clientes residenciais, que dende o día de hoxe poderán gozar de melloras nas condicións do seu servizo contratado, de xeito que clientes con internet 3 ou combo 3 mini que tamén teñan factura electrónica pasarán a gozar de 60 a 100 minutos de chamadas a móbiles non R, mentres que os paquetes combo 6 mini (antes chamado combo 3 mini) e internet R tamén mellorarán a súa velocidade.
Deste xeito, os usuarios con combo 3 mini terán a partir de hoxe o combo 6 mini, que xeito que gozarán dunha conexión á Rede de 6 Mbps/600 Kbps, liña de voz con chamadas de balde a fixos nacionais (e 300 minutos a móbiles R) e o acceso a 50 canles de televisión e radio dixital con acceso a contidos á carta e a en pagamento por visión (fútbol e cine) por un prezo de 29,9 euros/mes (de ter contratada unha liña móbil de R) ou 39,9 euros/mes (sen móbil R) converténdose no “mellor produto do mercado en relación calidade prezo de triple play”.
O combinado internet R tamén mellora, incrementando a súa velocidade de 10 a 15 Mbps mantendo o seu prezo. Este servizo sen televisión de pagamento nin liña telefónica tamén vai estrear a opción internet R con 50 megas por 10 euros + IVE adicionais, de xeito que os usuarios con móbil R poderían contratar tal oferta por 39,9 euros + IVE.
Dende R advirten de que, aínda que o incremento de minutos de chamadas a móbil entran en vigor hoxe, o incremento de velocidade será gradual e por localidades durante o verán.

PUBLICIDADE