R levará acceso á Internet por WiMAX ao parque empresarial de Arzúa

mércores, 26 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O alcalde de Arzúa, Leonardo Bermúdez, asinou un convenio de colaboración entre a Fundación para o Fomento de Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e o Concello de Arzúa que permitirá o desenvolvemento dunha rede de telecomunicacións sen fíos de acceso á Internet de banda larga no parque empresarial local, que estará dispoñible a partir de xuño de 2009.
O operador galego R será a empresa encargada de dotar de servizo a esta infraestrutura que optará pola tecnoloxía WiMAX para dar unha cobertura mínima nun radio de 1,5 quilómetros, o que garantirá a conectividade en todo o parque empresarial no que actualmente operan 17 empresas.
Para os usuarios finais o servizo prestado por R a través de WiMAX terá un custo semellante «ou incluso por debaixo» das conexións a través de ADSL ou cable, ofrecendo as mesmas posibilidades que as solucións baseadas en comunicación cableadas.

PUBLICIDADE