R leva a súa nova fibra aos polígonos e á área portuaria de Vigo

luns, 29 de marzo do 2021 S. P.

A operadora R comunicou que a súa nova tecnoloxía de fibra está xa presente e operativa nos polígonos vigueses e na área portuaria da cidade. As empresas e entidades alí emprazadas poderán navegar a velocidades de até 1 Gbps simétrico (de subida e de baixada), e facelo en óptimas condicións de seguridade e estabilidade.
O operador galego acometeu nos últimos meses unha renovación da súa tecnoloxía de rede que poderá beneficiar a case 1.000 empresas e emprendedores/as instalados/as nestas áreas.
Esta actuación, realizada en 24 polígonos industriais de Galicia, enmárcase nos plans anuais de R para mellorar a calidade, cobertura e potencia da súa rede e “ofrecerlles os servizos máis avanzados ás empresas galegas”.
Con este desenvolvemento, a compañía galega de telecomunicacións dálles resposta ás crecentes necesidades de servizos de telecomunicacións amosadas polo empresariado da comunidade e acompáñao no seu proceso de transformación dixital.

PUBLICIDADE