R lanza móbiles de última xeración en galego

venres, 16 de maio do 2008 Raquel Noya

A operadora R xa <em>galeguizou</em> varios dos seus móbilesAta o de agora, un usuario de telefonía móbil galego non tiña moitas opcións ó seu alcance á hora de escoller un terminal na súa língua. O operador galego de telecomunicacións por fibra óptica, R, sabedor disto, quixo celebrar o Día das Letras Galegas por todo o alto e vén de sacar ó mercado catro novos teléfonos móbiles coa posibilidade de ter o menú completamente na nosa língua. En concreto, os terminais ofertados polo operador son tres modelos de Nokia, o 2600 Classic, o 3120 Classic e o 5610 así como un de Sony Ericsson: o w380i. Deste xeito, R, satisface a demanda de moitos usuarios que levaban tempo pedindo aparellos móbiles de última xeración coa posibilidade de establecer como idioma predeterminado o galego; e que mellor que os días previos á celebración do día máis importante para a cultura galega para facelo.

Os 4 terminais que incorporan o galego

Asemade, o operador galego vaille permitir aos seus clientes realizar nesta língua accións tan habituais como consultar as facturas, escoitar o menú da caixa de correo de voz, ver o correo electrónico a través do móbil ou ser atendido en galego polos seus operadores.
Por outra banda, R tamén desenvolveu en galego o seu portal wap no que, ademais de navegar neste idioma, se poden atopar contidos exclusivos de músicos e deseñadores galegos e información actualizada de Galicia.

PUBLICIDADE