R incrementa os domicilios e empresas de Bueu que contan coa súa fibra óptica
venres, 15 de xaneiro do 2021
A
operadora R vén de incrementar a cantidade fogares e negocios de
Bueu con posibilidade de conectarse á súa fibra óptica FTTH
(tecnoloxía de fibra até o fogar). Os núcleos de Soutelo, Trasouto
e rúa Nova de Abaixo, no termo municipal pontevedrés, xa dispoñen
de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 500 Mbps e poden
desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás
redes de nova xeración de R. O despregue destes equipamentos levouse
a cabo “aproveitando ao máximo as infraestruturas destes núcleos
de Bueu”, segundo fixo saber a compañía.
Deste
xeito, arredor de 114 novos fogares e negocios do dito núcleo
ficaron preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono,
Internet de ata 500 Mbps simétricos e televisión dixital multicanle
de R.
Amais,
cando tralo exercicio de 2021 se complete o despregue local no marco
do Plan Avanza, haberá 1.625 residencias particulares e empresas
conectadas no concello do Morrazo.
O
operador galego leva anos investindo no fornecemento de rede en Bueu,
onde a día de hoxe xa dispoñen da cobertura das redes de nova
xeración de R un total de 3.009 fogares e empresas deste municipio
da provincia de Pontevedra.
Este
e outros despregues na provincia de Pontevedra forman parte dun dos
tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e
Empresa dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar,
antes de 2021, a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non
dispuxeran de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).
No
desenvolvemento dos tres plans investiranse un total de 10M€, dos
cales preto de 8M€ serán subvencionados polos fondos FEDER da
Unión Europea. En concreto, o despregamento de Bueu encádrase no
proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 162
núcleos de do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da
Coruña e oeste de Lugo).