R incorpora na súa grella LaLiga 123 TV

xoves, 23 de agosto do 2018 Fernando Sarasketa

A operadora de orixe galega R anunciou hoxe a incorporación á súa grella de televisión de LaLiga 123 TV. Este engadido de contidos deportivos á programacón, que será moi ben recibida entre os seareiros do fútbol, porá a disposición dos espectadores até dez partidos por xornada. Por outra banda, o servizo vén con engadidos “extra” para a xente da nosa terra, xa que non podemos esquecer que haberá dous equipos galegos, o Lugo e o Deportivo da Coruña, loitando con outros 20 equipos para subir a Primeira División.
R informa que de estarmos interesados en ver os 10 partidos devanditos, só teremos que sintonizar o dial 81 e superiores (no caso de que se emitan varios encontros ao mesmo tempo).
Ademais, engade a operadora, os clientes que conten con paquetes TV Familia, TV Total e TV Festa Rachada poderán acceder de balde aos novos contidos deportivos: terano por defecto e sen pagar máis se xa teñen un dos devanditos paquetes. No caso de que teñan un paquete básico de televisión, poden contratar a canle, á carta, por só 5€/mes.

PUBLICIDADE