R inclúe no seu combo infinito Netflix unha tableta Lenovo Smart Tab M10 HD con Alexa
mércores, 25 de agosto do 2021
O
operador R presentou a que sería, nas súas
palabras, “a oferta máis completa e competitiva” do mercado da
telefonía móbil. En concreto, consiste en ofrecer á nova clientela
que contrate o combo infinito Netflix a posibilidade de elixir entre
unha tableta Lenovo Smart Tab M10 HD con Alexa
ou un smartphone Samsung Galaxy A12.
O
combo infinito Netflix inclúe internet 500 Mbps, 2 liñas de móbil
con gigabytes ilimitados, fixo con chamadas, TV con deco 4K e Netflix HD
por 29 euros por mes durante seis meses.
A
operadora tamén destaca “a calidade do servizo que pon en xogo
este produto, coidando ao máximo a experiencia de cliente cunha
oferta sinxela que ten todo o que se pode precisar”.
O
operador galego elixiu como prescritor o humorista e ilusionista
coruñés Luis Piedrahita para lle pór cara á súa nova proposta
comercial de Volta ao cole.